Primeiro día do clube de lectura

Por fin o martes, 13 de outubro, foi a tan ansiada benvida do clube de lectura, tanto os alumnos de terceiro e cuarto da ESO agardaban eufóricos este día para poder averiguar algo sobre este novedoso clube.

A reunión dividiuse en dúas partes: para comezar, todos os membros xantaron rodeados de risas e tranquilidade. A pesar da tardanza, pronto entraron na biblioteca para, tras colocarse cadaquén na súa cadeira, debatir os obxectivos e esperanzas que tiña posto o alumnado deste círculo. Cada un deles foi nomeando as razóns polas cales se unira a esta nova familia de lectores e o tempo pasou axiña e cheo de aplausos.
Pouco despois revelouse o nome da primeira lectura oficial. Trátase dun libro narrativo chamado “Rebeldes” de Susan E. Hinton e aceptáronse suxerencias para outros futuros libros.
Para finalizar este día, decidiuse facer un pequeno xogo de mímica. Os competidores tiñan que caracterizar un libro a través de varios xestos específicos e o equipo contrincante debía acertar o nome deste.
Ainda que aconteceu moi as présas, todos os membros concluimos en que foi unha boa esperiencia educativa e moi divertida.